A Xunta destaca a importancia da auga como elemento que identifica e diferenza a Galicia como destino turístico
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación do campionato galego de augas abertas e da travesía a nado “Vila de Tea”
Nava Castro sinalou que Galicia é un destino inigualable para o desfrute a través dos diferentes deportes náuticos, tanto no mar como no ríos
O secretario xeral para o Deporte destacou os nomes dos seis nadadores galegos que competiron nuns Xogos Olímpicos e mirou cara o futuro con esperanza, destacando a Paula Otero, Carla Carrón ou María de Valdés, que se atopan neste intre na carreira olímpica
A Xunta destaca a importancia da auga como un elemento que identifica e diferenza Galicia como destino único e que xoga un papel esencial no desenvolvemento turístico da nosa comunidade. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación do campionato galego de augas abertas e da travesía a nado “Vila de Tea”.