A Xunta asiste en Porto a unha conferencia internacional sobre incendios forestais na que se recoñecerá o labor do investigador do CIF de Lourizán José Antonio Vega

Porto (Portugal), 17 de maio de 2023

Unha delegación da Xunta de Galicia encabezada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, asiste en Porto (Portugal) á 8ª conferencia internacional sobre incendios forestais International Wildland Fire Conference 2023. Este evento céntrase na loita contra os incendios forestais para protexer a biodiversidade, fomentar a captura de carbono e manter bosques saudables, asegurando que proporcionen bens e servizos.

Dentro do programa de actos deste congreso, inaugurado onte e que se celebra ata o venres, hoxe terá lugar a entrega do prestixioso premio Ember da International Wildfire Association a José Antonio Vega, investigador xubilado do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, que depende da Consellería do Medio Rural. O galardón recoñece a traxectoria profesional deste experto, considerado un dos maiores especialistas en materia de loita contra os incendios forestais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2023