A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta tarde no acto organizado polo centro ferrolá

A Xunta recoñece o traballo voluntario do alumnado do colexio La Salle Ferrol coa entrega dos ‘pasaportes solidarios’

O obxectivo deste programa é promover a solidariedade e o compromiso social entre os estudantes

Ferrol, 16 de maio de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou hoxe a importancia de fomentar o voluntariado nos centros de ensino para promover a solidariedade e o compromiso social entre o alumnado. Díxoo na entrega de diplomas aos estudantes do colexio La Salle de Ferrol que participaron no programa ‘Pasaporte Solidario’. 

Ademais, Cristina Pichel explicou que a través desta iniciativa autonómica, os escolares comprométense coa sociedade e co entorno no que viven como voluntarios, levando a cabo e participando en distintas actividades da man de entidades da zona. Outro dos obxectivos de ‘Pasaporte Solidario’ é fomentar o traballo en equipo e achegar aos estudantes á realidade do voluntariado. 

O acto celebrado esta tarde no colexio La Salle de Ferrol consistiu na presentación dixital das actividades da proposta educación en xustiza que o alumnado de Secundario deste centro levou a cabo no marco deste programa da Xunta. No mesmo tamén participaron entidades colaboradoras, así como profesores e familiares. O colexio La Salle de Ferrol tamén participa no programa ‘Correspondentes Xuvenís’, no que alumnos do centro encárganse de dar difusión entre os seus compañeiros de información e eventos de interese.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/05/2023