A Xunta participa no Encontro estatal de persoas maiores xordas, que se celebra en Vigo

Vigo, 15 de maio de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no Encontro de persoas maiores xordas que se celebra en Vigo, no marco do programa do Imserso e a Confederación estatal de persoas xordas (CNSE). Antón Acevedo deu a benvida aos participantes neste foro, no que reiterou a aposta da Xunta de Galicia polo envellecemento activo e saudable.

 

O director xeral destacou que o Goberno galego segue a reforzar, cada ano, os fondos para garantir a autonomía das persoas de máis idade e atender a posibles situacións de dependencia. Ademais, referiuse a programas como Benestar en balnearios, Xuntos polo nadal ou as Aulas sénior como exemplos para favorecer a participación dos maiores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2023