A Xunta participa na inauguración da XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

Pantón (Lugo), 13 de maio de 2023 O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, participou hoxe na inauguración da XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra. Así, os tres fixeron un percorrido polos postos desta feira - declarada Festa de Interese Turístico de Galicia- que conta cunha decena de adegas participantes.

Esta cita, que rematará mañá, é unha das feiras máis importantes deste municipio lugués, cuxos viños se caracterizan por ser os únicos con uvas de tres ribeiras: a do Miño, a do Sil e a do Cabe. Neste sentido, a denominación de orixe Ribeira Sacra suma preto de 1.300 hectáreas, con 2.217 viticultores e 95 bodegas adscritas, as cales acadaron unha produción no ano 2022 que pasou das 6.000 toneladas e que supuxeron un valor económico de case 22 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2023