Diego Calvo asiste aos adestramentos libres da 82 edición de Autocross Arteixo

Arteixo (A Coruña), 13 de maio de 2023 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe no circuito J. Ramón Losada de Morás aos adestramentos libres da 82 edición de Autocross Arteixo. Trátase da segunda cita puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross. Ao longo da mañá tamén se realizaron os adestramentos oficiais e a continuación as mangas clasificatorias para que os 7 pilotos inscritos se xoguen o posto que ocuparán na saída. Pola tarde, o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, participará na entrega de premios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2023