A Xunta colabora co concello do Pereiro de Aguiar na mellora dos viais de acceso ao polígono empresarial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co alcalde, Luis Menor

O Pereiro de Aguiar (Ourense), 13 de maio de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para informar de que se acaba de aprobar -a través dunha ampliación de crédito da orde de mellora de infraestruturas dos parques empresariais- unha axuda para mellorar o vial de acceso noroeste ao polígono. A actuación contará cun apoio de 38.587,14 euros para un investimento total de 48.233,93 euros.

Conde agradeceu a colaboración e implicación deste municipio, que é Concello Emprendedor, para seguir aumentando a súa competitividade empresarial. Esta colaboración administrativa permite mellorar a oferta de solo para captar investimentos e para que as empresas xa instaladas poidan desenvolver a súa actividade con acceso a servizos e infraestruturas de calidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2023