A Xunta destaca a singularidade da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a 28ª edición deste evento

Pantón (Lugo), 14 de maio de 2023 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá en Pantón a singularidade da súa Mostra de Viños da Ribeira Sacra, pois é a única da zona que reúne tres ribeiras da Denominación de Orixe (a do Miño, a do Sil e a do Cabe).

Conde visitou a 28ª edición deste evento e reivindicou a excelencia dos viños desta comarca, un produto que leva a marca Galicia Calidade polo mundo e que, ademais de ser unha industria estratéxica a nivel económico, é clave polo seu potencial turístico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/05/2023