A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao inicio da competición

O Espazo Xove de Lalín acolle o inicio da III edición da Liga Xunta de Galicia de Break

Disputaranse probas en dez localidades galegas con máis de 120 participantes

Lalín (Pontevedra), 13 de maio de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao inicio da terceira edición da Liga Xunta de Galicia de Break, que tivo como escenario o Espazo Xove de Lalín. Esta competición percorrerá dez localidades e contará coa participación de máis de 120 mozas e mozos.

 

Cristina Pichel enmarcou este tipo de eventos na aposta do Goberno galego por ofrecer alternativas de ocio e saudables á xuventude. Neste sentido, agradeceu o labor da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola, organizadora da competición, por levar a cultura urbana a toda a mocidade.

Ademais da xornada de hoxe en Lalín, a Liga Xunta de Galicia de Break 2023 tamén estará en Pontedeume, o 20 de maio; en Noia, o 3 de xuño; en Porto do Son, o 1 de xullo; en Verín, o 26 de agosto; en Vigo e A Coruña, o 16 e o 23 de setembro respectivamente; en Pontevedra, e Ourense, o 14 e 28 de outubro; e en Santiago de Compostela o 11 de novembro. 

Data de actualización: 13/05/2023