A sanidade galega recolle os galardóns Best in Class cos que se premian unha decena de servizos do Sergas
A estes 10 premios polos servizos asistenciais, engádense outros dous galardóns que recaeron na Consellería de Sanidade, pola súa estratexia autonómica en Oncoloxía, e pola abordaxe das enfermidades raras
O Sergas optou ao galardón en 23 das 40 categorías, coas que a revista especializada Gaceta Médica, distingue o desempeño asistencial do conxunto de hospitais e centros de saúde españois
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; clausurou este mediodía o acto de entrega dos Premios Best in Class, que anualmente entrega a revista especializada Gaceta Médica, e que o pasado mes de decembro galardoou 12 candidaturas dos servizos e centros sanitarios galegos.
Na súa última edición, o Servizo Galego de Saúde optou aos galardóns en 23 das 40 categorías duns premios na que se distingue o desempeño asistencial do conxunto de hospitais e centros de saúde de España.
Durante a súa intervención, o titular da carteira sanitaria da Xunta, precisou que estes premios son o froito do traballo constante que desenvolven os nosos profesionais por acadar os mellores niveles de benestar, poñendo en valor o grande labor que desempeña todo o persoal do Servizo Galego de Saúde.
Entre os 12 galardóns acadados, dous deles recaeron na Consellería de Sanidade. Así, o máximo responsable da Sanidade galega recolleu o Premio BIC á mellor estratexia autonómica en Oncoloxía e, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal; recolleu o galardón á mellor abordaxe autonómica das enfermidades raras.
Os restantes dez premios que recibiu a sanidade pública galega foron recollidos polos seguintes profesionais, como representantes dos servizos sanitarios galardoados:
Gañador: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Recolle a placa: José Ramón González Juanatey, xefe do servizo de Cardioloxía do CHUS
- Mellor Servizo de DERMATOLOXÍA
Gañador: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Recollen a placa: Ángeles Menéndez Flórez, xefa de Servizo de Dermatoloxía, M.ª Carmen Alfonsín Comedeiro, supervisora de enfermería do Servizo de dermatoloxía; e Yolanda Sanduende, directora de atención hospitalaria do AS de Pontevedra e O Salnés.
Gañador: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Recolle: José María Prieto González, xefe do Servizo de Neuroloxía.
- Mellor CENTRO DE SAÚDE DE ATENCIÓN PRIMARIA
Gañador: Servizo de Atención Primaria da Estrada (Pontevedra)
Recolle a placa: Juan José Sánchez Castro, xefe de Servizo de Atención Primaria da Estrada, M.ª Teresa Matalobos, coordinadora do Servizo e Carmen Bermúdez, xefa do grupo administrativo.
- Mellor ORGANIZACIÓN INTEGRADA EN ATENCIÓN PRIMARIA
Gañador: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Recolle a placa: Marta Ocampo, directora de Atención Primaria; Antonio Regueiro, xefe de servizo de Atención Primaria de Vilanova de Arousa; e Coro Sánchez, xefa de Servizo de Atención Primaria e Virxe Peregrina.
- Mellor Servizo de MEDICINA PREVENTIVA E SAÚDE PÚBLICA
Gañador: Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Recolle placa: María José Pereira Rodríguez, xefa de Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Laboral e Marta Mosquera, supervisora de enfermería.
Gañador: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Recolle placa: Juan Turnes Vázquez, xefe de servizo de Aparello Dixestivo e José Flores Arias, xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
- Mellor ÁREA ASISTENCIAL DE NEUROCIENCIAS
Gañador: Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Recolle placa: M.ª Dores Fernández-Couto, neuróloga do Servizo do CHUAC.
Gañador: Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Recolle placa: José Manuel Fandiño Orgeira, coordinador do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
- Mellor Unidade da DOR
Gañadora: Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Recolle placa: Aurora Da Iglesia López, coordinadora da Unidade. Dor Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Os Premios Best in Class teñen como obxecto recoñecer publicamente aos mellores centros sanitarios e aos mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, na procura da excelencia na atención que prestan aos seus pacientes.