Os profesionais do Sergas escollen a nova Mesa Sectorial de Sanidade, que estará conformada polos sindicatos CIG, CSIF, CCOO e UGT

Escolléronse 299 delegados, e o censo de electores medrou en máis 3.700 profesionais respecto ao proceso electoral anterior, ata acadar os 43.150

A participación no proceso electoral foi do 55,60%, ascendendo o número de votantes até os 23.993

As organizacións sindicais CIG, CSIF, CCOO e UGT, formarán parte da Mesa Sectorial do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; con 5, 4, 3 e 3 representantes, respectivamente

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Profesionais de todas as categoría do Servizo Galego de Saúde exerceron o seu dereito ao voto nas eleccións sindicais celebradas onte, día 11 de maio, para elixir aos seus representantes nas xuntas de persoal. Así, o resultado do procedemento deu lugar á nova Mesa sectorial de Sanidade, que estará conformada polos sindicatos CIG, CSIF, CCOO e UGT, e que contarán con 5, 4, 3 e 3 representantes, respectivamente. Así, o sindicato SATSE quedou en quinto lugar.

O persoal do Sergas escolleu un total de 299 delegados, incrementándose esta cifra en 12, en relación coas eleccións celebradas no ano 2019 (287). Así, o proceso contou cun censo de electores de 43.150 profesionais, o que supón un incremento de máis de 3.700 profesionais respecto das elección sindicais celebradas en 2019 (39.445 profesionais).

A participación no proceso electoral foi do 55,60%, unha porcentaxe moi similar á do ano 2019 (56,48%). Ademais, o número de votantes ascendeu até os 23.993, fronte aos 22.277 do ano 2019.

As candidaturas presentadas nas 11 unidades electorais foron: CIG, CCOO, CSIF, SATSE, UGT e USAE. Así mesmo, tamén se presentaron en determinadas unidades: OMEGA, SESNNLLE, CUT, COBAS e PROSAGAP.

Resultados electorais

No seguinte cadro reflíctese o número de delegados/as de persoal obtido polas candidaturas presentadas no conxunto do Servizo Galego de Saúde:

 
Sindicatos
Representantes
CIG
68
CSIF
58
CC.OO.
49
UGT
38
SATSE
29
USAE
27
OMEGA
22
PROSAGAP
5
COBAS
3

No anexo final, engádense os resultados por unidades electorais e áreas sanitarias. 

Composición da Mesa sectorial

As organizacións sindicais CIG, CSIF, CCOO e UGT, por ter obtido cando menos o 10% dos/as delegados/as de persoal no conxunto das unidades electorais, formarán parte da Mesa Sectorial de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, órgano no que os representantes dos/as traballadores/as que resulten elixidos, negociarán coa Administración as condicións de traballo e retributivas do persoal do organismo nos próximos catro anos.

Os 15 representantes das organizacións sindicais que conforman a nova Mesa Sectorial quedan repartidos do seguinte xeito: 5 CIG, 4 CSIF, 3 CCOO e 3 UGT.

Non obstante, a dita distribución é provisional, pois deriva dos/as delegados/as elixidos/as nas 11 circunscricións electorais tras o escrutinio en cada unha delas, e, polo tanto, está suxeita a eventuais reclamacións.

A Administración quere transmitir os seus parabéns, non xa a aquelas organizacións sindicais cuxos resultados cumprisen ou mellorasen as súas expectativas, senón a todas as participantes, en tanto que a intervención nun proceso destas características representa, de seu, a consolidación do principio democrático; e agarda que a nova composición da mesa sectorial contribúa a manter o nivel de colaboración e negociación dos últimos catro anos, que tivo como resultado acordos tan relevantes como o de carreira profesional, ou o recente Acordo de 20 de abril de 2023 de melloras das condicións de traballo e retributivas. 

ANEXO REPRESENTANTES SINDICAIS POR ÁREAS

 

ÁREA CORUÑA E CEE

 
CCOO
5
CIG
11
CSIF
7
SATSE
2
UGT
3
USAE
5
OMEGA
4
TOTAL
37
 

ÁREA DE SANTIAGO E BARBANZA

 
CCOO
10
CIG
7
CSIF
3
SATSE
2
UGT
8
USAE
2
OMEGA
3
TOTAL
35
 

ÁREA DE FERROL

 
CCOO
6
CIG
7
CSIF
4
SATSE
2
UGT
4
USAE
3
OMEGA
1
TOTAL
27
 
   
ÁREA DE LUGO, A MARIÑA E MONFORTE
 
CCOO
7
CIG
19
CSIF
21
SATSE
7
UGT
8
USAE
8
OMEGA
3
TOTAL
73
 
 

ÁREA DE OURENSE, VERÍN E O BARCO

 
CCOO
6
CIG
9
CSIF
11
SATSE
8
UGT
7
USAE
5
OMEGA
2
TOTAL
48
 
 

ÁREA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS

 
CCOO
8
CIG
8
CSIF
8
SATSE
4
UGT
6
USAE
1
OMEGA
5
PROSAGAP
1
CO.BAS
3
TOTAL
44
 
  

ÁREA DE VIGO

 
CCOO
7
CIG
7
CSIF
4
SATSE
4
UGT
2
USAE
3
OMEGA
4
PROSAGAP
4
TOTAL
35
 

Desenvolvemento do proceso electoral

O procedemento iniciouse o pasado día 14 de novembro de 2022, coa promoción das eleccións e aprobación do calendario electoral polas organizacións sindicais, que culmina co acto da votación. Así, o seu seguimento instrumentouse a través da Comisión Central Consultiva, e dos grupos de traballo das áreas sanitarias creados ata a constitución das mesas electorais.

Para o seu desenvolvemento, constituíronse, sen incidencias destacables, 85 mesas electorais repartidas nas 11 unidades electorais (A Coruña e Cee, Santiago e Barbanza, Ferrol, Lugo, A Mariña, Monforte, Ourense e Verín, O Barco, Pontevedra, O Salnés, e Vigo), e distribuídas tanto en centros de saúde como nos hospitais, cun horario de apertura o día da votación de 8:00 á 23.00 horas, o que favoreceu o exercicio do dereito de sufraxio do persoal de todas as quendas (mañá, tarde e noite).

As referidas mesas están constituídas por 3 membros, o que implica que 255 profesionais do Servizo Galego de Saúde colaboran no proceso, ademais dos interventores e apoderados nomeados polas candidaturas, xunto cos representantes da Administración, coordinadores das xerencias das áreas sanitarias e persoal de apoio. A Administración facilitou, ademais de medios humanos, todos os medios materiais necesarios para o normal desenvolvemento do proceso (censos, urnas, papeletas...).

 

Data de actualización: 12/05/2023