Arias destaca o labor fundamental de información e prevención que realiza a Asociación española contra o cancro en Lugo

Lugo, 11 de maio de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe “o labor fundamental de información e prevención” que realiza a Asociación española contra o cancro (AECC) en Lugo, ademais do seu traballo directo cas persoas doentes e as súas familias.

Arias mantivo un encontro coa presidenta da entidade, Mari Luz Abella, na mesa situada ante a sede da Xunta en Lugo no marco da colecta anual que realizan para recadar fondos, e subliñou a necesidade de concienciar á sociedade da importancia de adoptar hábitos de vida saudables, realizar revisións periódicas e participar nos cribados que oferta a Consellería de Sanidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/05/2023