Fernández-Tapias destaca a oferta formativa da Escola de Hostelería do CIFP Manuel Antonio de Vigo
2023-05-10
/documents/35297/40672/20230510EscolaHostaleria.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 10 de maio de 2023
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este mércores a Escola de Hostelería do CIFP Manuel Antonio e participou xunto ao alumnado do ciclo de Cociña e Gastronomía na elaboración de varios pratos. A representante autonómica destacou a oferta formativa da escola que destaca pola súa traxectoria e prestixio dende fai xa 23 anos na nosa cidade.
Data de actualización: 10/05/2023