O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas en concellos de ata 10.000 habitantes

O obxectivo principal destas axudas é fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras

Un total de 105 concellos galegos recibirán arredor de 30.000€ para o fomento da recuperación, da accesibilidade e da sinalización dos recursos turísticos

 

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023 O Diario Oficial de Galicia publica hoxea resolución das axudas concedidas a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas este ano.

 

Un total de 105 concellos galegos recibirán arredor de 30.000€ para o fomento da recuperación, da accesibilidade e da sinalización dos recursos turísticos cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

 

Poderán levar a cabo actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos da entidade solicitante, que poderán incluir a recuperación e tratamento paisaxístico do contorno, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, sendeiros, rutas ou outros elementos de interese turístico, adecuación de espazos destinados ao estacionamento de vehículos dos visitantes. Así como actuacións de embelecemento dos bens declarados de interese cultural.

 
Data de actualización: 10/05/2023