A Xunta gaba a solidez e a capacidade de recuperación do sector dos seguros

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou na entrega dos Premios Galicia Segura

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023 A Xunta gabou hoxe a solidez e resiliencia do sector dos seguros no marco da entrega dos Premios Galicia Segura, nos que participou o  conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, quen salientou que a capacidade de adaptación aos cambios da contorna desta industria facilitou que estea a recuperar o volume de negocio prepandemia.

Neste sentido, Miguel Corgos destacou que o volume de negocio da industria aseguradora mostrou un importante crecemento no ano 2022, recuperando incluso os niveis prepandemia nalgúns segmentos de negocio.

Ademais na súa intervención, o conselleiro analizou o estado actual da economía, marcado por unha elevada incerteza, un previsible crecemento moderado e unha preocupación notable pola inflación. Neste marco, sinalou que a economía galega recuperou xa no cuarto trimestre de 2022 a riqueza prepandemia.

Finalmente, o titular da Facenda autonómica subliñou que a celebración destes premios  contribúen a poñer en valor o traballo e as boas prácticas dun sector de gran valor engadido para a sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2023