A Xunta propón ás organizacións sindicais iniciar as negociacións para acadar melloras laborais no eido social
A Xunta de Galicia propón ás organizacións sindicais iniciar as negociacións para acadar melloras laborais no eido social.
Con este obxectivo, o Goberno galego trasladará aos sindicatos nas próximas datas unha proposta para mellorar as condicións laborais dos empregados públicos da Consellería de Política Social e Xuventude, así como outras medidas xenéricas para todo o persoal dependente da mesa sectorial de funcionarios e do persoal laboral.
O director xeral de Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, José María Barreiro, deu conta desta iniciativa aos sindicatos que estiveron presentes na comisión de persoal celebrada hoxe en San Caetano.
Neste sentido, o documento que se remitirá aos sindicatos recollerá unha proposta para completar o desenvolvemento do acordo de concertación no relativo aos horarios das xornadas laborais, as quendas en días festivos, así como outras medidas de alcance xeral.