A delegada da Xunta en Ferrol asiste á entrega do XIX Premio José Couso concedido este ano ao xornalista lucense Marcos Méndez

Ferrol, 6 de maio de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá ao acto de entrega do XIX Premio José Couso de Liberdade de Prensa que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CXPG) e o Club de Prensa de Ferrol organizan cada ano en homenaxe ao cámara ferrolán asasinado no 2003 mentres cubría a guerra de Irak.

Nesta ocasión, o galardón recaeu no xornalista lucense Marcos Méndez, actualmente centrado na cobertura da guerra de Ucraína ao que o xurado do certame recoñece desta maneira a súa labor profesional.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2023