O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da Arnoia Sup Challenge

Ourense, 05 de maio de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da Arnoia Sup Challenge, proba deportiva que se desenvolverá os vindeiros 20 e 21 de maio.

A Arnoia Sup Challenge acollerá este ano a Copa de España de Longa Distancia, a Copa de España de modalidade Sprint así como será ademais dunha das Probas da Copa Galega de Pádel Surf Race.

A Copa de España de Sup Race Longa distancia está composta por 12 probas que se celebran ao longo do ano en diferentes puntos de España. Mentres que a Copa de España de Sprint está composta por 6 probas. En cada unha delas os participantes van obtendo unha serie de puntos en función da clasificación e que se sumarán á clasificación da Copa de España que finalmente designará quen é o gañador ou gañadora tanto da Copa de España de longa Distancia como da Copa de España de Velocidade. NOKO 360 foi designado pola Federación Española de Surf como Organizador dunha das probas tanto da Copa de España de Longa Distancia como da Copa de España de Sprint.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/05/2023