A Delegada Territorial de Ferrol e a presidenta de Portos de Galicia asisten á homenaxe ao Cristo dos Navegantes, patrón da Policía Portuaria

Ferrol, 5 de maio de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, participaron esta mañá na homenaxe que a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao lle rendeu ao Cristo dos Navegantes, patrón da Policía Portuaria.

O acto consistiu nunha misa na igrexa do Socorro presidida polo bispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Fernando García-Cadiñanos, continuando despois a homenaxe na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria, no peirao de Curuxeiras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/05/2023