Inaugurada a exposición de fotografía, “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago” na Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 5 de maio de 2023

A Casa de Galicia acolle a exposición de fotografía, “Acogida y hospitalidad en el Camino de Santiago” de Manuel G. Vicente.

 A mostra, organizada por Turismo de Galicia, contou coa presenza de Ildefonso de la Campa, director do Xacobeo, que destacou que “O Xacobeo foi un éxito colectivo, un éxito de toda Galicia”. Durante a súa intervención, detallou as cifras “espectaculares” que fixeron do último Xacobeo un acontecemento histórico que acreditan, subliñou, que Galicia traballou e soubo trasladar a mensaxe de que ”é destino seguro” xa que, como lembrou, a pandemia trouxo moitas restricións de mobilidade. Nesta liña, resaltou que o pasado ano alcanzáronse as 438.000 compostelas, e todo parece indicar que este verán se repetirán cifras récord.
 
Participou na presentación Jorge Martínez-Cava, presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEAACCS) que subliñou que esta exposición é unha homenaxe a todos/as os/as hospitaleros/as voluntarios/as a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente, que foron tomadas nas últimas décadas.
 
A todo iso hai que sumar os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura, e lembrou como ao ver de novo esas imaxes, desde hoxe expostas na Casa de Galicia, pode lembrar “o son do silencio”.
 
A exposición “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago” poderá visitarse na sala Emilio Pardo Bazán e Camilo José Cela, da Casa de Galicia en Madrid até o próximo 1 de xuño, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/05/2023