A Xunta avalía co empresariado galego as oportunidades que achega a transición ecolóxica para a implantación dun novo modelo industrial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión con representantes da comisión de enerxía da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe unha reunión coa comisión de enerxía da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), na que fixo fincapé nas oportunidades que achega a transición ecolóxica para a implantación dun novo modelo industrial.

O responsable de Economía, Industria e Innovación resaltou que, a través da Axenda Enerxética de Galicia, a comunidade busca avanzar cara a un modelo sustentable e un novo mix enerxético con novas tecnoloxías -como poden ser o hidróxeno verde, os gases renovables e a economía circular, os biocombustibles, o almacenamento enerxético ou a eólica mariña.

Do mesmo xeito, Conde apuntou que a Xunta aposta por un modelo de transición enerxética ordenada, garantista, sustentable e respectuoso co medio ambiente, que permita achegar a familias, pemes e industria un prezo competitivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/05/2023