Preto de 12.500 aspirantes examinaranse o vindeiro mes de xullo para 119 prazas de persoal subalterno

Trátase do proceso selectivo ao que concorre un maior número de aspirantes

O DOG publica hoxe a resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023 Preto de 12.500 aspirantes participarán o vindeiro mes de xullo nas oposicións para acceder a 119 prazas da  agrupación profesional (AP) da Administración Autonómica. De todos os procesos selectivos da Xunta, este é o proceso ao que concorre un maior número de aspirantes.  

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición.

As relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas poden consultarse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica. A listaxe de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura tamén como anexo da resolución que se publica no DOG.

Data de actualización: 03/05/2023