Martina Aneiros reivindica o papel tractor da industria téxtil e da moda en Ferrolterra no marco da xornada The future of fashion talent da UDC

Ferrol, 3 de maio de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou este mediodía na clausura de la xornada The future of fashion talent, organizada polo Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración con Cointega e Modaes, e que reuniu en Esteiro a máis dun centenar de asistentes.

A delegada destacou a importancia da celebración deste foro no que avaliar os retos, as oportunidades e os cambios no sector téxtil e da moda, recoñecéndoo como unha “ferramenta imprescindible para crear unha canteira que manteña o pulo da industria nacional, favorecendo así a retención e xestión do talento”.

Aneiros reivindicou o papel tractor que esta industria pode significar para Ferrolterra pola oportunidade formativa que supón o Grado en Xestión Industrial e Moda que, desde 2018, imparte a Universidade no campus de Esteiro, así como pola presenza de grandes empresas do sector na zona e a proliferación de novos proxectos da man de xoves profesionais.

Durante a súa intervención, a representante da Xunta gabou a calidade da ensinanza impartida nesta titulación propia, en liña co reto da sustentabilidade ao que ten que facer fronte esta industria, destacando “o 100% de ocupación” dos seus titulados.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/05/2023