A Xunta de Galicia aborda cos axentes económicos e sociais as necesidades enerxéticas dos novos proxectos industriais

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UGT e CCOO

Lembra que Galicia precisa 1200MW adicionais na planificación da rede eléctrica para que se poidan desenvolver iniciativas empresariais como as de Stellantis, Altri, Resonac ou as dúas plantas de hidróxeno planificadas nas Pontes e Meirama
 

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde un encontro con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UGT FICA Galicia e CCOO Industria para abordar as necesidades enerxéticas dos novos proxectos industriais galegos.

Na xuntanza, Conde sinalou que estes proxectos dependen directamente da planificación eléctrica, e polo tanto precisan que o Goberno central garanta que a Comunidade vai contar coas infraestruturas necesarias para que as empresas se poidan conectar á rede. Segundo salientou o vicepresidente económico, Galicia precisa 1200MW para proxectos como Stellantis, Altri, Resonac ou as dúas plantas de hidróxeno que están planificadas nas Pontes e Meirama, entre outras iniciativas empresariais.

No caso de Stellantis, Conde lembrou que o Goberno se comprometeu a poñer en marcha unha nova subestación e a iniciar a correspondente modificación na planificación eléctrica  non máis tarde do 30 de marzo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/05/2023