O secretario xeral para o Deporte asiste á primeira competición oficial do módulo de atletismo cuberto do Ifevi

A pista acolleu poucas semanas despois da súa inauguración o control da FGA para atletas de categorías inferiores e o vindeiro 17 de maio realizará un novo test para todas as categorías

 Vigo, 1 de maio de 2023

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe á primeira competición oficial celebrada no módulo cuberto de atletismo do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), inaugurado o pasado 20 de febreiro.  

A Federación Galega de Atletismo vén de realizar o Control FGA 2023 para testar os elementos técnicos da instalación para os atletas sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16, con marcas xa homologadas e válidas para o ránking nacional. 

Ao redor dun cento de atletas participaron na competición e comprobaron as prestacións da pista do IFEVI. O vindeiro 17 de maio, está prevista unha nova competición onde se dará cabida a todas as categorías para dar a posibilidade a atletas adultos de diferentes disciplinas a validar as súas marcas no IFEVI.

 

Data de actualización: 01/05/2023