A Xunta participa na inauguración da Feira da maquinaria usada, artesanía e antiguidades de Cospeito

Cospeito (Lugo), 29 de abril de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González,  participou na inauguración da XXXII Feira de maquinaria usada e artesanía e na XVI Feira de antigüidades desta localidade lucense, onde fixo un percorrido polos postos desta feira que conta con máis de 25.000 metros cadrados de expositores. 

Esta cita, que rematará mañá, atrae a atención de persoas de toda a xeografía galega e os seus arredores, como Asturias ou Castela e León. Neste espazo anual de carácter intersectorial pódese comprar e vender todo tipo de maquinaria agrícola, así como produtos artesáns e gastronómicos. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2023