A Xunta leva as actividades do programa ‘Feira da primavera’ ao Espazo Xove de Tui

A iniciativa inclúe obradoiros, un campionato de globos e unha representación de teatro

Tui (Pontevedra), 28 de abril de 2023  A Xunta de Galicia desenvolveu hoxe no Espazo Xove de Tui diferentes actividades no marco do programa ‘Feira da Primavera’. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo esta tarde coas mozas e mozos que se achegaron a estas instalacións para desfrutar de numerosas propostas de ocio, todas elas gratuítas.

 

Así ,o programa desta ‘Feira da Primavera’ en Tui incluíu un campionato de globos, slack line, a representación dunha obra de teatro titulada ‘Unidas contra o bullying’ e obradoiros de cap paint e stencil.

 

Cristina Pichel destacou a importancia deste tipo de iniciativas para que a xente nova dispoña de alternativas de entretemento durante todo o ano. Tamén resaltou que con programas como o da ‘Feira da Primavera’, que se celebra en todos os Espazos Xove da Xunta, continúanse a dinamizar esta rede da Xunta.

Data de actualización: 28/04/2023