A Xunta salienta a traxectoria da Asociación Cultural O Castro de Baión na entrega do premio de Acción Voluntaria de Galicia 2022

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 28 de abril de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, entregou hoxe o premio de Acción Voluntaria de Galicia 2022 na categoría de entidade á Asociación Cultural O Castro de Baión. Este galardón recoñece a ampla traxectoria desta organización no ámbito do voluntariado cultural, medioambiental e no acompañamento das persoas maiores.

Cristina Pichel aproveitou a súa visita para manter un encontro cun grupo de persoas voluntarias, ás que lles agradeceu a súa dedicación e traballo altruístas en beneficio do conxunto da sociedade. A Asociación Cultural O Castro de Baión constituíuse no ano 1990 e desde entón traballo en distintos eidos culturais e sociais.

Data de actualización: 28/04/2023