O día da Xuventude da Xunta celébrase en Ribadeo

Durante toda a xornada de hoxe a xente nova desfruta dunha ampla programación de actividades con obradoiros, xogos e música, totalmente gratuíta

 

Ribadeo (Lugo), 29 de abril de 2023

A Xunta de Galicia levou hoxe as actividades do programa Día da Xuventude a Ribadeo. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo esta tarde coas mozas e mozos que se deron cita neste evento. 

Durante toda a xornada de hoxe ofreceuse unha ampla programación de actividades para o entretemento e a aprendizaxe. Así, desde as catro da tarde e ata as nove da noite, a xente nova puido desfrutar de obradoiros sobre cociña saudable, graffiti, igualdade de xénero, protección do medio ambiente e empregabilidade. Tamén houbo espazo para xogos e un concerto a cargo do grupo Festra. Todas as actividades foron de balde.

Este programa, posto en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude, xa visitou máis dunha vintena de localidades de toda Galicia. Despois de celebrarse en Ribadeo, as próximas citas serán: Arzúa, o día 6 de maio na Praza do Concello; e Verín, o día 13 de maio na praza García Barbón (praza Maior).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2023