Política Social e Xuventude participa no XXV Encontro da Terceira Idade organizado polo Concello de Valga

Valga (Pontevedra), 30 de abril de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe ao Encontro da Terceira Idade organizado polo Concello de Valga e que este ano chegou á súa edición número 25.

A xuntanza desenvolveuse no pavillón de Cordeiro, e antes do xantar de confraternidade tivo lugar o concerto da banda municipal de música. O director xeral agradeceu a invitación a este encontro e desexou unha feliz xornada a todos os asistentes.
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/04/2023