Fabiola García salienta a atención especializada e os coidados que reciben as persoas usuarias do centro público autonómico Infanta Elena

Monforte de Lemos (Lugo), 1 de maio de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, puxo en valor a atención especializada e os coidados que reciben as persoas usuarias do centro público autonómico Infanta Elena, que xestiona a Asociación Agora. Fíxoo durante a visita que recentemente fixo a este centro de atención á discapacidade, no que se prestan servizos de atención diúrna e ocupacionais mediante diferentes talleres como cociña e xardinería e outro tipo de actividades, co obxectivo de promover unha maior autonomía e participación das persoas.

 

Fabiola García destacou a profesionalidade e dedicación do persoal do centro en favor das persoas con discapacidade, así como o apoio que prestan aos familiares. Tamén avogou por seguir aumentando os programas e recursos dirixidos a estas persoas co fin de que teñan acceso a unha atención integral.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/05/2023