A Xunta inviste preto de 489.000 euros en axudas a concellos de Ferrolterra para a contratación de 35 persoas perceptoras da Risga

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade colabora con 11 concellos da zona na contratación de 35 persoas desempregadas

O Goberno galego destina este ano case 7,7 M€ a financiar os custos laborais durante 9 meses das persoas incorporadas

Ferrol, 29 de abril de 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a comunicar aos concellos solicitantes a resolución da orde de axudas para a contratación de persoas perceptoras da Risga 2023 que suporá a contratación de 35 persoas traballadoras en 11 municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O investimento concedido ascende a preto de 489.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puntualizou que o obxectivo deste programa ao que a consellería destina este ano case 7,7 M€, é o de proporcionar ás persoas traballadoras destinatarias -mulleres e homes en situación ou risco de exclusión social- un contrato que lles permita adquirir práctica profesional para facilitar a súa inserción laboral.

 

As contratacións obxecto de financiación permitirán a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social competencia das entidades locais. Con independencia da duración do contrato, o período subvencionable é de nove meses para cada persoa traballadora incorporada.

 

Unha vez notificada a resolución, a selección de persoas traballadoras que se contraten será realizada por cada entidade local beneficiaria, coa correspondente publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación do procedemento.

 

As destinatarias finais serán persoas perceptoras da Risga que deben constar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego non ocupadas. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato. Terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras da Risga que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, as maiores de 45 anos e as que teñan cargas familiares.

DISTRIBUCIÓN POR CONCELLOS DE FERROLTERRA DAS AXUDAS PARA CONTRATAR A PERSOAS PERCEPTORAS DE RISGA 2023

CONCELLO

TRABALLADORES CONCEDIDOS

 IMPORTE CONCEDIDO
FERROL
10
127.143,09
FENE
2
37.863,00
NARÓN
5
84.788,91
ARES
2
29.379,42
NEDA
1
11.762,46

PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (AS)

2
22.868,28
MUGARDOS
2
33.304,14
CARIÑO
2
22.997,52
VALDOVIÑO
2
23.960,52
CEDEIRA
5
69.117,93
PONTEDEUME
2
25.750,71
TOTAL
35
488.935,98 €

Data de actualización: 29/04/2023