O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Pontevedra aproba a conta xeral de 2022 que acredita a solvencia do organismo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión do pleno do organismo, na que tamén se acordou a liquidación do contrato coa concesionaria do servizo contra incendios antes do paso á xestión directa en 2021

Pontevedra, 27 de abril de 2023 O Pleno do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Pontevedra, integrado pola Xunta e a Deputación pontevedresa, aprobou hoxe o peche da conta xeral de 2022, que acredita a solvencia e a sustentabilidade do organismo, ao non existir débeda financeira. Na reunión participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a presidenta da Deputación provincial de Pontevedra, Carmela Silva.  

Durante o pleno tamén se acordou a liquidación do contrato coa anterior concesionaria antes do paso en 2021 á xestión directa do servizo contra incendios nos parques de bombeiros do Morrazo, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e O Porriño.

Ademais, abordouse a adhesión do Consorcio á Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a fin de poder contratar as obras, servizos e  outras subministracións que oferte, sen prexuízo de poder utilizar este sistema ou calquera outro establecido na lexislación de contratación pública.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2023