ADOS lembra a importancia de doar sangue nas xornadas previas á ponte festiva do 1 de maio

Cada día en Galicia precísanse 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos poidan desenvolver o seu intenso labor asistencial

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2023

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), lembra a importancia de doar sangue todos os días do ano pero, especialmente, en datas como pontes festivas, xa que estes períodos poden coincidir cos de maior demanda de compoñentes sanguíneos, por mor dun posible incremento das urxencias.

 

Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns de sangue diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial, unha cifra que se mantén constante ao longo do ano.

 

ADOS convida á cidadanía a amosar o seu carácter solidario doando sangue nestas datas, pero, tamén, durante o resto ano. Nestes momentos, as reservas de compoñentes sanguíneos atópanse en niveis normais, polo que non é preciso facer fincapé nun grupo sanguíneo concreto, e resulta axeitada a participación de todos os doantes.

 

Facilitar a participación

ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Xoves, 27 de abril

San Sadurniño, Bº Novo Mesoiro (A Coruña), Camelle e Ponte do Porto (Camariñas), Bertamiráns (Ames) e Sarria

Venres, 28 de abril

Fene, Cee, Cantón-Obelisco (A Coruña), Rianxo, Bertamiráns (Ames), Vilalba, Vilar de Barrio, Oimbra, Pontecaldelas e Tui

Sábado, 29 de abril

Culleredo, Fene, Rianxo, Rúa do Paseo (Ourense) e Tui

 

Doar: moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos, e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo, que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

 

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago)

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábados das 8 ás 15 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábados das 8 ás 15 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

(Ferrol)
Luns de 15 a 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 h.

Venres das 8 ás 22 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)

Luns e venres das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15h.

LOCAL DE DOAZÓN DE ADOS

Praza Paz Novoa nº3 (Ourense)

Luns das 8 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15h

Venres das 15 ás 22 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)

Luns e venres das 8 ás 15 horas

Martes, mércores e xoves das 15 ás 22h.

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábados das 8 ás 15 horas

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2023