Martina Aneiros reúnese co presidente da agrupación de AVV da Zona Rural para abordar asuntos de interese para os veciños da zona

Ferrol, 27 de abril de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co presidente da Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural de Ferrol, Manuel Sendón, co que tratou asuntos de interese para os veciños da zona.

Durante o encontro, no que tamén participaron os directivos da entidade, Luís Casas Trinidad e José González Leirachá, abordouse, entre outros temas vencellados á sanidade, ao transporte ou ás infraestruturas, o convenio entre a Xunta e o Concello de Ferrol para o saneamento da zona rural. A este respecto, a delegada territorial aclarou que para pechar a colaboración nesta materia é necesario que a Administración local remita os proxectos técnicos modificados, subsanando as deficiencias detectadas, ademais dos informes sectoriais pertinentes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2023