Diego Calvo avoga pola colaboración cos concellos a prol da mellora dos servizos públicos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes compareceu hoxe no Parlamento para abordar a cooperación local

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, compareceu hoxe no pleno do Parlamento para abordar a coordinación entre as administracións autonómica e local. Na súa intervención Diego Calvo referiuse á importancia da colaboración cos concellos para garantir “unha eficaz prestación dos servizos públicos”.

Para o vicepresidente segundo, este apoio debe chegar a todos os municipios e de xeito prioritario aos máis pequenos e con menor poboación, xa que dispoñen de menos recursos. Nesta liña sinalou o Fondo de Cooperación Local como o mellor instrumento para asegurarlle calidade de vida á poboación de todo o territorio galego e a autonomía financeira aos concellos.

Diego Calvo referiuse tamén á importancia da delimitación das competencias entre ambas as administracións, un traballo que xa se está desenvolver a través da comisión técnica constituída recentemente e da que forman parte representantes da Xunta e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). O obxectivo é evitar duplicidades a prol duns servizos públicos eficientes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/04/2023