A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou hoxe no acto de celebración

Fabiola García felicita a Pai Menni polos seus 100 anos coidando ás persoas con discapacidade

Destacou o seu esforzo de todos os seus profesionais durante a pandemia da covid-19 na que demostraron que o benestar das persoas con discapacidade é a súa prioridade

Betanzos (A Coruña), 26 de abril de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, felicitou ao centro Pai Menni polos seus 100 anos coidando das persoas con discapacidade desde Betanzos. Así o trasladou durante o acto institucional organizado pola entidade esta mañá con motivo deste centenario e no que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

A conselleira sinalou que a herdanza dos irmáns García Naveira permitiu que esta localidade conte cunha ampla traxectoria na atención e coidado das persoas con discapacidade. Neste sentido, agradeceu a Pai Menni e á Congregación das Irmáns Hospitalarias o seu traballo ao longo destes anos por manter vivo o espírito deste centro e por ofrecerlle unha vida plena a todos os seus usuarios.

Fabiola García apuntou que o Goberno galego acompañou a este centro durante os seus últimos anos de traxectoria, ofrecéndolle todo o apoio necesario para garantir o seu correcto funcionamento. Así mesmo, lembrou o esforzo realizado durante a pandemia da covid-19 durante a que os profesionais deste centro demostraron unha vez máis que a súa prioridade é garantir o benestar das persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/04/2023