Fernández-Tapias recibe á directiva do novo Clúster Náutico Ría de Vigo

Vigo, 26 de abril de 2023 A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, mantivo este mércores un encontro coa directiva do novo Clúster Náutico Ría de Vigo para coñecer o seu programa de accións destinadas a promover a profesionalización do sector, así como a súa promoción e desenvolvemento comercial.

A representante autonómica recibiu aos representantes do clúster, encabezados polo seu presidente, Jorge Alonso, e os directivos José Antonio Portela e Zulema Prado. Fernández-Tapias animounos a promocionar a cultura náutica e amosou a súa disposición e a do Goberno galego para colaborar coa asociación en todo o necesario para colaborar na competividade das empresas e entidades do sector. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/04/2023