Os novos traballos de formigonado nas obras da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e areas fan necesario o corte nocturno este xoves

Este corte de tráfico realizarase entre os quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55 e comezará mañá ás 10 da noite, restablecéndose ás 6 da mañá do venres

Actuarase nos 2 vanos do paso superior sobre a autovía, no tronco da vía de alta capacidade e na conexión coa estrada N-551


Como itinerario alternativo, desde a saída 29 da autovía A-55, en sentido Portugal, usarase a estrada PO-340, incorporándose á N-550 e logo á N-551 polo termo municipal de Tui, co mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa
 

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

Os novos traballos de formigonado nas obras do treito da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e do polígono de Areas, farán necesario un corte nocturno este xoves.

 

Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, é necesaria para realizar eses labores de formigonado nos dous vanos do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, no tronco da vía de alta capacidade e na conexión coa estrada N-551.

 

Deste xeito, para seguir avanzando nas obras e efectuar estes traballos nas condicións de seguridade necesarias, tanto para os traballadores como para os usuarios desta vía, este corte total de ambas as calzadas da autovía realizarase entre as 22,00 horas de mañá, xoves e ata as 05,59 horas deste mesmo venres 28 abril, cando quedará restablecida a circulación.

 

Co obxectivo de dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo, desde a saída 29 da A-55, en sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e posteriormente á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa. Este itinerario implica un tempo de percorrido de entre 8 e 10 minutos.

 

Ademais, para seguir avanzando nos traballos en execución no taboleiro, ao logo desta semana estará en funcionamento o transfer desde o quilómetro 29+860 a 30+240. En concreto, entre o luns e ata ao xoves, entre as 8 de a mañá e as 7 da tarde, e o venres, desde as 8 á 1 da mediodía, habilitándose nalgún casos cortes de carril alternos cando o transfer non estea en funcionamento.

 

A autovía Tui-A Guarda, entre os enlaces da A-55 e Areas, prevese poñer en servizo a finais do verán, cun investimento autonómico que se eleva a 30 M€.

Data de actualización: 26/04/2023