Arias participa na presentación da I Concentración de motos ‘Sarria Bikers’, que se celebrará do 12 ao 14 de maio

Sarria (Lugo), 25 de abril de 2023

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da I Concentración de motos Sarria Bikers, que se celebrará nese municipio entre os días 12 e 14 de maio e conta co apoio da Xunta de Galicia.

O evento conta cun máximo de 500 prazas e inclúe rutas turísticas polos concellos de Sarria, O Incio, Samos, O Páramo, Portomarín e Paradela, en pleno Camiño de Santiago. Entre outras actividades, haberá tamén unha exhibición moteira a cargo de Paulo Martinho no Campo dá Ribela, e na noite do sábado un concerto a cargo de Sound Sisters e o Grupo Arizona seguido do Dj Miguel Cendoi.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2023