A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, achegouse tamén a outros centros desta entidade e ao centro público autonómico Infanta Elena

Fabiola García visita o novo centro residencial de Prodeme en Monforte de Lemos

Puxo en valor a súa ampla traxectoria traballando a favor das persoas con discapacidade desta comarca e das súas familias

Monforte de Lemos (Lugo), 24 de abril de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá o novo centro residencial de Prodeme en Monforte de Lemos, así como outros servizos que esta entidade ten no concello lucense. Durante a visita puxo en valor o seu traballo e dedicación a favor das persoas con discapacidade e as súas familias.  

A conselleira sinalou a importancia de que a Xunta de Galicia colabore co tecido asociativo galego para poñer en marcha máis e mellores recursos para a atención á discapacidade a disposición das familias. Neste sentido, agradeceu a Prodeme a súa ampla traxectoria apoiando aos veciños de Monforte.

Fabiola García visitou a continuación o centro público autonómico Infanta Elena, xestionado por Agora. O Goberno galego busca estar o carón das persoas con discapacidade desde o primeiro diagnóstico e ata a vida adulta. Para iso, apuntou, é preciso poñer en marcha diferentes servizos que atendan a cada etapa vital das persoas con discapacidade, desde a atención temperá, pasado polo mundo educativo, o acceso ao emprego ou o ámbito dos coidados.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/04/2023