A Xunta licita por preto de 190.000 € a redacción do Plan para a ampliación do parque empresarial de Toedo, no concello da Estrada

A empresa pública Xestur publicou a licitación do contrato para elaborar o instrumento que permitirá incrementar a actual superficie do parque en preto de 162.000 m2

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023 A Xunta de Galicia licita por preto de 190.000 euros a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial para a ampliación do parque empresarial de Toedo, no concello da Estrada.

A empresa pública Xestur publicou na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación do contrato para a redacción de dito plan, por un importe total de 189.939,01 euros. A empresa adxudicataria disporá dun prazo de cinco meses para a presentación do borrador do plan, así como a documentación necesaria para iniciar a súa tramitación ambiental.

Prevese que a ampliación do parque empresarial ocupe unha superficie de preto de 162.000 metros cadrados.

Data de actualización: 24/04/2023