A Xunta destaca a importancia de fomentar entre os máis novos a plena inclusión para conseguir unha sociedade máis acolledora e xusta

A Coruña, 19 de abril de 2022

A Xunta de Galicia destaca a importancia que ten fomentar entre os máis novos a plena inclusión co fin de avanzar cara unha sociedade máis acolledora e xusta. Así o indicou esta mañá o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, na xornada de sensibilización organizada pola entidade ENKI nas instalacións deportivas do campus de Elviña e na que se deron cita centros educativos da Coruña.

 

Neste encontro, ENKI propuxo ao alumnado participar en diferentes probas deportivas, como ciclismo e atletismo adaptados, carro running, paddle e tenis en cadeira de rodas ou baloncesto, entre outras. O obxectivo foi que os escolares se puxeran no lugar das persoas con discapacidade e xerar dinámicas que rompan con estereotipos.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/04/2023