A Xunta valora a importancia das novas tecnoloxías na mellora da atención nos centros de día

Vigo, 18 de abril de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe a importancia de aproveitar as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar a atención e os coidados ás persoas maiores. Díxoo na visita ao centro de día Parque Castrelos, onde tivo a ocasión de conversar con usuarios, profesionais e responsables do servizo.

Neste centro de atención diúrna estase a desenvolver un proxecto de investigación denominado ‘Panoramix’ para detectar de maneira temperá riscos de demencia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/04/2023