Martina Aneiros reúnese co director do Cesena para abordar temas vencellados ás instalacións

Ferrol, 18 de abril de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro de traballo co director do Centro de Excelencia do Sector Naval (Cesena), Javier Fernández, para abordar asuntos de interese vencellados a estas instalacións que Siemens ten localizadas no CIS Tecnoloxía e Deseño.

A delegada territorial destacou a importancia do papel do Cesena á hora de impulsar a transformación dixital da industria naval en España e puxo en valor a colaboración que mantén actualmente Siemens con Navantia no desenvolvemento do Xemelgo Dixital, unha ferramenta implementada ao programa de construción das fragatas F-110 que permite a fabricación completa dun buque dende a súa concepción inicial ata a fase final de servizo e mantemento, reducindo os custos e alcanzando unha maior eficiencia na produción.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/04/2023