Fabiola García visita os centros da asociación Ambar en Ribeira e agradece o seu compromiso pola plena inclusión
2023-04-18
/documents/35297/40636/20230418+FotoConselleiraFabiolaGarciaAmbarRibeira1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ribeira (A Coruña), 18 de abril de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou esta mañá o traballo que desde fai 40 anos leva a cabo a entidade Ambar en favor da plena inclusión das persoas con discapacidade e de apoio ás familias. Díxoo nunha visita aos centros de día e ocupacional desta asociación, na que estivo acompañado do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.
Fabiola García fixo fincapé na atención especializada e no cariño con que todo o equipo de Ambar coida das persoas que acoden diariamente ás súas instalacións. Tamén asegurou que a traxectoria da entidade fai dela unha referente en Galicia.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 18/04/2023