O Sergas publica a resolución de seleccionados no concurso de méritos para o ingreso na categoría de facultativo especialista de atención primaria

O Servizo Galego de Saúde acada cobertura total das 106 ofertadas

Os tres novos facultativos especialistas terán como destino os centros de saúde de Foz, Ponteareas e Moaña
 

Santiago, 17 de abril de 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a resolución pola que se publica os aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo especialista de atención primaria.

Neste proceso participaron 355 persoas aspirantes, para cubrir un total de 106 prazas. Logo de producrise a incorporación ao destino adxudicado de 103 facultativos/as especialistas de atención primaria, unha vez rematados os prazos de toma de posesión, quedaba por cubrir a incorporación de 3 das persoas seleccionadas.

Os tres destinos adxudicados hoxe permitirán contar cun facultativo máis no Centro de Saúde de Foz na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e con dous facultativos/as na área sanitaria de Vigo nos centros de saúde de Ponteareas e de Moaña.

Deste xeito, cúmprese o obxectivo de incorporar a 106 efectivos de persoal médico fixo da nova categoría, ao establecer o máximo rigor na exixencia da incorporación efectiva ao servizo como requisito para adquirir a condición de persoal estatutario fixo. Así, substitúense as persoas inicialmente nomeadas ao non se incorporar ao servizo activo pola súa vontade.

 
 
Data de actualización: 17/04/2023