O DOG publica o nomeamento de preto de 70 novos funcionarios de carreira na especialidade de enfermería

Poderán comezar a tomar posesión dos seus postos desde mañá, martes

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se nomean 69 novos funcionarios de carreira da Xunta de Galicia, en concreto na especialidade de enfermería (subgrupo A2).

Unha vez publicada a resolución de nomeamento, os novos funcionarios disporán do prazo dun mes, que comeza a computarse a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, é dicir, mañá martes, para tomar posesión dos postos que lles foron adxudicados.

Os actos de toma de posesión supoñen a parte final dun proceso selectivo. A medida que os procesos selectivos van concluíndo, a Administración convoca os actos de elección de destino para que as persoas aspirantes que superaron ditos procesos poidan elixir un destino entre todos aqueles que se lle ofertan e finalmente tomar posesión.

Data de actualización: 17/04/2023