Diego Calvo participa na entrega de premios da primeira proba do Mundial de Trial GP que se celebrou en Arteixo

Arteixo ( A Coruña), 16 de abril de 2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na entrega de premios da primeira proba do Mundial de Trial GP que se celebrou esta fin de semana en Arteixo e que reuniu a máis dun cento de pilotos de todo o mundo. Venceron Toni Bou na categoría GP masculina e Berta Abellán na feminina.Tamén felicitou aos tres primeiros clasificados nas probas de Trial 2 e Trial 3.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2023