A Xunta destaca o compromiso da Fundación Degén na loita contra as enfermidades neurodexenerativas

 

Oleiros (A Coruña), 14 de abril de 2022 A Xunta destaca o compromiso da Fundación Degén na loita contra as enfermidades neurodexenerativas. O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García; e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiron hoxe á Gala benéfica organizada pola Fundación.

Durante o evento recoñecéronse a entidades colaboradoras coa Fundación, entre elas a Consellería de Política Social e Xuventude, a biofarmacéutica Abbie e Estrella Galicia. O acto tamén serviu para divulgar a actividade de Degén entre o tecido social, cultural e empresarial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2023